Dende a
Agrupación Deportiva Río Cabe dirixímonos a través desta carta, para informarvos
do 3º Proba de natación escolar que
terá lugar o sábado 24 de Febreiro
na Piscina Municipal de Monforte
as 18:00.
Poden participar
todos os nenos e nenas nados entre o ano
2012 e o 2015, que corresponden as categorías benxamín (nadarán 25 metros)
e alevín (nadarán 50 metros) e non estén federados neste deporte.
As probas que se
realizan son crol, braza, costas e bolboreta, hai que elexir tres das catro
probas.
Para poder
participar só tedes que saber nadar de maneira autónoma, cubrir os datos que aparecen
ao final desta carta e entregárllelos ao profesor o na Piscina Municipal antes do día 20 de febreiro.
Moitas grazas
a todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario