martes, 3 de febrero de 2015

O CONCELLO INFORMA

Bos días,
O venres 13 de febreiro se vai a gravar un vídeo promocional de Monforte, en formato lipdub, na zona do Parque dos condes. A grabación está organizada pola productora cinematográfica Amanita Films en colaboración co Concello de Monforte de Lemos. A rodaxe dará comezo ás 11:00 h. e se estima que terá unha duración de dúas horas, aproximadamente.
Nesta grabación trátase de que aparezan os colectivos máis representativos do Concello de Monforte, onde non podía faltar o colectivo de deportistas e clubs deportivos.
Estades invitados a asistir á gravación do vídeo representando ó voso club. Todos aqueles ós que vos apeteza participar deberedes estar o venres día 13 de febreiro ás 11:00 h. diante do supermercado “El Árbol” a carón da Ponte Nova. Recoméndase asistir coa indumentaria e material propio de cada club deportivo para que no vídeo se indentifique fácilmente o colectivo de deportistas.
Todos aqueles clubs que queirades que asista algún deportista en idade escolar e que ese día teña colexo, nolo tedes que notificar por correo electrónico, o antes posible, indicando nome e apelidos do rapaz/a e centro e clase na que estuda, para trasladarlle a solicitude a cada centro educativo.
Grazas pola vosa colaboración.

No hay comentarios: