martes, 23 de noviembre de 2010

NORMAS CAMPEONATO DE FÚTBOL SALA

REGLAS E NORMAS DA COMPETICIÓN DE FÚTBOL SALA



1. O BALÓN: Nas categorías benxamín e alevín o balón é de 58 cms. No resto de categorías o balón é de 62 cms, é decir o de sempre.
2. TEMPO DE XOGO: Nas categorías benxamín e alevín oficialmente son dúas partes de 15 min(Se pode xogar a 20 min). No resto de categorías son dúas partes de 20 min. O tempo de xogo é obligatorio levalo con cronómetro e ser estrictos na finalización do partido. Durante os tempos mortos, o tempo pararase.
3. TARXETAS: O árbitro debe levar dúas tarxetas, unha amarela e outra vermella. A acumulación por parte do mesmo xogador de dúas tarxetas amarelas supón a expulsión do mesmo, neste caso pode ser sustituido por outro compañeiro inmediatamente. No caso de cun xogador vexa a tarxeta vermella directa, será expulsado y durante 2 minutos non poderá ser sustituido por outro xogador. Si antes deses 2 minutos o equipo rival marcara un gol, finalizaría o tempo en inferioridade e podería entrar xa outro xogador.
4. FALTAS: Cando un equipo comete 5 faltas o árbitro debe comunicalo ao porteiro do equipo, xa que a partir da sexta falta, lanzaranse todas sen barrera desde o sitio que se fixo a falta o ben desde ou punto de 10 metros.
5. PORTEIRO: Esta tempada os porteiros poden xogar o balón fora da área cós pés. Poden pasar o balón do medio campo no saque de portería, sen que sexa falta. Estando o balón en xogo, se este chegara ao porteiro podería sacar có pé, votando primeiro o mesmo fora da área.
6. SAQUES DE BANDA E CÓRNERS: Faranse todos có pé.
7. ACREDITACIÓNS: TODOS OS EQUIPOS DEBEN IR CORRECTAMENTE ACREDITADOS COS TRÍPTICOS E O D.N.I., PASAPORTE OU LIBRO DE FAMILIA ORIXINAL OU FOTOCOPIADO. O árbitro poderá pedir a presencia dalgún dos xogadores para comprobar a identidade dos mesmos.
8. OS PARTIDOS APRAZADOS DEBERÁN XOGARSE NUN PRAZO MÁXIMO DE 15 DÍAS DESPOIS DA XORNADA CORRESPONDENTE(se lle tocaba xogar o día 1, antes do 15 deben xogarse). Se non é así, darase partido perdido para o equipo que o aprazou.

No hay comentarios: